Profesora Emma Torres Romay

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Departamento de Dereito Público Especial, Comunicación Audiovisual e Publicidade














 

 

emmatr@uvigo.es

 

 

 

 

 

 


¿Cómo está o mercado laboral para un Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas?



1. Coñecemento da Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas

Como publicitarios, o primeiro sobre o que temos que preocuparnos é saber se realmente nos coñecen. A Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas é unha Licenciatura relativamente nova, acaba de cumplir os 10 anos de implantación, fronte a outras máis "clásicas" ou recoñecidas.

Por esa razón, un dos problemas cos que se ten que enfrontar un licenciado, aínda que se está traballando para arranxalo, é o da falla de coñecemento dos seus estudios. Moitas empresas non demanda profesionais deste tipo porque descoñecen a súa existencia ou, máis concretamente, non entenden cales son as súas funcións e posibilidades laborais.

Nun estudio realizado pola Xunta de Galicia no ano 2001 en colaboración coa Universidade de Vigo, determinouse que, dende unha perspectiva empresarial, o nivel de coñecemento que se tiña de cada unha das Licenciaturas, Diplomaturas e Enxeñerías que se impartían na Universidade eran os seguintes:

Como se pode comprobar o nivel de coñecemento da titulación en Publicidade e Relacións Públicas é relativamente baixo, sobre todo comparado cos estudios relacionados co ámbito empresarial. Esta realidade pode deberse a dous factores, o xa mencionado de xuventude da titulación é, un segundo, que estaría na falla de interese sobre os asuntos de comunicación por parte das empresas.

A solución a esta circunstancia ven dada por dous factores: o institucional e o individual.

A nivel institucional a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación está traballando para conseguir ese maior coñecemento da Licenciatura. Este traballo céntrase en buscar sinerxias co tecido empresarial mediante convenios de prácticas e colaboracións puntuais. Como por exemplo a última participación na Feira Audiovisual "Mírate" celebrada en Vigo.

A nivel individual é necesario que os alumnos da Licenciatura busquen vías de "autopromoción" das súas capacidades profesionais e tenten reivindicar a súa calidade como profesionais en Publicidade e Relacións Públicas.

 

 

Profa. Emma Torres Romay. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Despacho 314.
Campus "A Xunqueira" s/n 36005 Pontevedra. Universidade de Vigo
e-mail: emmatr@uvigo.es Tlf. 00 34 986802027