2. Necesidade da Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas
O segundo dos elementos que se pode considerar é determinar se a Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas é algo socialmente necesaria. Esto ten importancia debido a que é necesario conseguir que a Publicidade e as Relacións Pública se convirtan en disciplinas que non se vexan como alleas ou pouco beneficiosas para a sociedade.
Nun estudio realizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Universidade de Vigo no 2001 plantexouselle ás empresas galegas sobre que estudios consideraban máis necesarios:
Como acontecía no caso anterior. a consideración sobre a titulación en Publicidade e Relacións Públicas é relativamente baixa, sobre todo comparado cos estudios relacionados co ámbito empresarial. Esta realidade pode deberse a dous factores, o xa mencionado de xuventude da titulación é, un segundo, que estaría na falla de interese sobre os asuntos de comunicación por parte das empresas.
A solución a esta circunstancia ven dada por dous factores: o institucional e o individual xa mencionados no anterior apartado.
Profa. Emma Torres Romay. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Despacho 314.
Campus "A Xunqueira" s/n
36005 Pontevedra. Universidade de Vigo
e-mail: emmatr@uvigo.es Tlf. 00 34 986802027